Xornada Lúdico Cultural no Mosteiro de Santa Catalina de Montefaro

Hoxe todo o alumnado de primaria visitou o mosterio de Santa Catalina de Montefaro, único BIC (Ben de Interese Cultural dende o 2000) da península de Bezoucos e un lugar cheo de historia e beleza.
Foi un día moi especial no que se puxo o broche final ao proxecto “Danzando non tempo”. Alí, os pequenos visitantes contaron coa axuda de Celsa e os amigos da Asociación do Mosteiro de Santa Catalina de Montefaro, que de maneira desinteresada os acompañaron durante toda a mañá.
Durante a visita guiada, falouse da historia do mosteiro e visitaron o claustro, o comedor, a cociña e o pequeno centro de interpretación e museo, onde puideron ver algunhas das pezas que se conservan. Impresionoulles o claustro e a capela. O comedor e a recen restaurada cociña coa súa gran cheminea, tamén pareceulles moi interesante.
Outra das actividades que fixeron, foi a de repoboar algunhas partes do precioso xardín que rodea o mosteiro. Plantaron buxo nas zonas onde desaparecera parte da vexetación, así que colleron as macetas co buxo e transplantárono no lugar adecuado do xardín. Foi unha actividade moi gratificante e relaxante que fíxolles sentir parte da natureza.
Logo chegou o momento lúdico. Participaron en varios xogos romanos moi divertidos. Foi moi interesante aprender sobre a historia e a cultura dunha época tan influente e fascinante.
Tamén foron ata as antigas baterías militares da Bailadora, situadas nun enclave estratéxico sobre a ría de Ares. Desde alí pódese gozar dunhas vistas espectaculares do mar e da paisaxe. Percorreron os diferentes emprazamentos dos canóns e as casamatas, onde se gardaba a munición. Foi unha experiencia moi enriquecedora que permitíulles coñecer mellor a historia e o patrimonio desta zona.
En definitiva, foi unha excursión moi completa e variada, que combinou o lecer coa aprendizaxe e a conciencia ecolóxica. Os nenos pasáronno moi ben e esperamosque para o próximo curso repetan a experiencia.

Publicaciones Similares

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.