IX LIMPEZA SIMULTÁNEA DE RÍOS DO PROXECTO RÍOS

limpieza

 

O Proxecto Ríos é un programa de Educación e Voluntariado Ambiental que ten a finalidade de dar a coñecer o importante papel dos cursos fluviais, amosar as súas problemáticas así como fomentar iniciativas que permitan á cidadanía o mantemento e a mellora dos ríos proporcionando as ferramentas que garantan a súa participación.

A IX Limpeza SimultáneaMóllate polos ríos” se celebrará este ano en 44 concellos de toda Galiza, e participarán un total de 52 entidades (asociacións, comunidades de montes, colectivos ecoloxistas, delegacións de ADEGA, centros de ensino…). Algúns destes grupos xa participaron nas limpezas de anos pasados e outros son grupos participantes no Proxecto Ríos. Tamén hai novas entidades que se sumaron por primeira vez a esta novena edición. A limpeza que será o 2 de outubro e mobilizará a numerosos voluntarios e voluntarias que se desprazarán aos ríos destes 44 concellos para deixalos libres de lixo, nunha xornada de voluntariado ambiental e concienciación social.

En Ares realizará a coordinación da limpeza a Asociación Amigos do Mosteiro de Santa Catalina de Montefaro

Os/as voluntarios/as serán agasallados cunhas camisolas co lema da limpeza. Actualizouse a páxina web para a limpeza http://limpeza.proxectorios.org/  onde se especifica que é a limpeza, onde se celebrará, os contactos dos/das coordenadores/as, e as entidades participantes, financiadoras e colaboradoras.

Máis información:

Día:  Domingo día 2 de Outobro de 2016,

Horas : 11 a 13 h

Lugar: Mosterio Santa Catalina. Ares. Rio dos Frades.e

Para participar :  É necesario estar no Mosteiro as 10:30 h.con DNI.

Dispoñemos dun protocolo para a limpeza ecolóxica  que facilitaremos ós voluntarios,tamén a través da organización temos un  seguro de accidentes colectivos.

 

Para o día da limpeza lembrar que os materias precisos ou recomendábeis son:

-Luvas.

-Pinchos (paus cun pincho na punta para coller lixo).

-Botas de auga (polo menos algunha persoa con elas).

 

Maís  información na http://proxectorios.org//Limpeza//Limpeza-de-Ríos/.

Publicaciones Similares