Inspección de primavera do manantial de Santa Catalina , do río dos Frades

Inspección de primavera do manantial de Santa Catalina , do río dos Frades
Día : 22 de Abril 2017
Horario: 11-13 h
Lugar: Monasterio Santa Catalina de Montefaro .

Trátase da Inspección de Primavera do Proxecto Rios e é a nosa primeira inspección no manantial de Santa Catalina, que xunto a outros dará lugar o río dos Frades, que desemboca na Redonda en Mugardos.
O Proxecto Rios é unha iniciativa de concienciación, educación e participacion cidadá en defensa dos ríos.
A inspección do estado do río realízase por parte de voluntarios a nivel local co obxetivo de facerse responsables da vixiancia do río que pasa polo seu municipio ou localidade.
A actividades consisten en tomar datos sobre a calidade hidromorfolóxica, físico- química e bioquímica do río, nun tramo de 500 m, mediremos o pH, nitratos, temperatura, osíxeno disoluto e turbidez, e identificamos a fauna acuática e a flora do leito.
É necesario levar roupa axeitada para pasar dúas horas dunha mañá na beira do río.
Esta actividade é gratuita e aberta para todas as persoas interesadas.
Cada participante é responsable único das accións e accidentes que poideran producirse.
Os convocantes da actividades non se responsabilizan a nivel persoal nin colectivo dos accidentes que poidan ocorrer.
Organiza: Asociacion de Amigos del Monasterio de Montefaro
Proxecto Rios , Adega

Guardar

Publicaciones Similares